(1998) A despoboación galega a contracorrente: as novas relacións campo-cidade e as vivencias da permanencia, o retorno e a repoboación [SP]

Viernes 15 de octubre de 1999, por Web

Todas las versiones de este artículo: [Español]

Martínez López, M., Rodríguez Gonzólez, R., López Gonzólez, A., Fernóndez Tobood, M., & Gonzólez Pérez, J. (1998). A despoboación galega a contracorrente: As novas relacións campo-cidade e as vivencias da permanencia, o retorno e a repoboación. In A DESPOBOACION EN GALICIA: Preocupación ou tóxica territorial (pp. 161-227). Xunta de Galicia: Santiago de Compostela.


Neste texto vou achegarme ó fenómeno da despoboación en Galicia dende unha perspectiva fundamentalmente sociolóxica. Esta perspectiva indica só a mina principal bagaxe de reflexión, pero, como se poderá apreciar, tamén se apoia e informa, necesariamente, nas contribucións doutras disciplinas académicas. Renunciarei aquí a teorizar as relacións entre os distintos enfoques en competencia por comprender fenómenos coma o que nos ocupa. Sen embargo, non podemos desenvolver un traballo coma este sen especificar primeiro que significa unha concepción sociolóxica da despoboación. A isto se dedicará o primeiro epígrafe deste capítulo. Basicamente, fiel se argumentará a conveniencia de distinguir entre "espacios" (zonas despoboadas), "poboacións" (grupos sociais implicados) e "relacións socioterritoriais" (procesos históricos de uso e transformación dos distintos territorios por parte dun conxunto diverso, pero finito, de grupos sociais, cuns recursos propios de conecemento,propiedade e organización).