Book Chapters / Urban Sociology

A despoboación galega a contracorrente: as novas relacións campo-cidade e as vivencias da permanencia, o retorno e a repoboación

Martínez, Miguel A. (1998) A despoboación galega a contracorrente: As novas relacións campo-cidade e as vivencias da permanencia, o retorno e a repoboación. En Rodríguez, R. et al. A despoboación en Galicia: preocupación ou lóxica territorial. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Neste texto vou achegarme ó fenómeno da despoboación en Galicia dende unha perspectiva fundamentalmente sociolóxica. Esta perspectiva indica só a miña principal bagaxe de reflexión, pero, como se poderá apreciar, tamén se apoia e informa, necesariamente, nas contribucións doutras disciplinas académicas. Renunciarei aquí a teorizar as relacións entre os distintos enfoques en competencia por comprender fenómenos como o que nos ocupa.

Sen embargo, non podemos desenvolver un traballo como este sen especificar primeiro que significa unha concepción sociolóxica da despoboación. A isto se dedicará o primeiro epígrafe deste capítulo. Basicamente, se argumentará a conveniencia de distinguir entre "espacios" (zonas despoboadas), "poboacións" (grupos sociais implicados) e "relacións socioterritoriais" (procesos históricos de uso e transformación dos distintos territorios por parte dun conxunto diverso, pero finito, de grupos sociais, cuns recursos propios de conecemento, propiedade e organización).

Full chapter

Published: 15 de outubro do 1998
Keywords: Spaces, Migration