(2000) A planificación urbana e os conflictos de racionalidades [SP]

Jueves 19 de octubre de 2000, por Web

Todas las versiones de este artículo: [Español]

Los contenidos principales de este capítulo fueron desarrollados en la Tesis Doctoral “Laberintos y laboratorios de participación urbana” presentada en la Universidad de Santiago de Compostela, 2000.


O planeamento urbano é un caso específico de planificación estatal, polo que é necesario analizalo dentro do contexto desta. Con frecuencia, sobre todo nos países europeos a excepción de Inglaterra, o planeamento urbano é identificado coa noción de ‘urbanismo’, pero, como defendín máis arriba, coido que esta é moito máis ampla ca aquel (o cal non significa que esa amplitude sexa sempre favorable para realizar unha comprensión sociolóxica das relacións de poder urbanas). Non obstante, mentres non faga mención explícita de contrario, asumirei neste epígrafe a correspondencia xeral entre planeamento urbano e urbanismo.