(2000) A socioloxía do urbanismo e as políticas urbanas [SP]

Jueves 19 de octubre de 2000, por Web

Todas las versiones de este artículo: [Español]

O interese sociolóxico polos problemas urbanos data dos comezos da mesma socioloxía, pero a especificación do propiamente urbano dista, mesmo hoxe en día, de quedar univocamente establecida. Para algunhas investigadoras, as tendencias de mediados deste século permanecen na actualidade: "non existe unha socioloxía urbana cunha identidade propia (...) o termo ’socioloxía urbana’ é coma un paraugas verbal que cobre, convencionalmente, un heteroxéneo rango de estudios, abordando de diferentes maneiras e en diferentes lugares, diferentes aspectos da estructura e desenvolvemento urbanos. (...) Os temas urbanos son caracterizados mediante o contraste cos temas rurais: pero ambos son partes dun continuum." (Glass, 1989: 30, 52, 56). Neste sentido, a autora refírese a que disciplinas como a criminoloxía, a antropoloxía, a historia social, os estudios de comunidade, a socioloxía da familia e da cultura, ou da estructura de clases, serían todas elas materias derivadas dunha difusa pero fundamental e orixinaria referencia ó urbano.