Other Texts / General Sociology

A metodoloxía de investigación-acción-participativa: fundamentos e orientacións técnicas

Martínez, Miguel A. (2001) Capítulo do libro Urbanismo de rehabilitación no no centro histórico de Vigo. Unha investigación social participativa. Vigo: Universidade de Vigo.

Estimated reading time: 1 minutes

O coñecemento sobre a realidade social non é algo que só producen e saben producir os científicos sociais. Estes non só necesitan da “participación” da xente para que, por exemplo, responda aos seus cuestionarios ou entrevistas, senón que a xente tamén produce o coñecemento que necesita, por ela mesma ou usando a especialistas que lle axudan. A xente inmersa en procesos de participación urbana adoita manifestar que algún tipo de coñecemento sociolóxico é preciso para desenvolver as súas prácticas de oposición ou de emancipación. Pero tamén os coñecementos producidos ou dispoñibles non son sempre sistemáticos, e estas persoas van combinalos con outras nocións de sentido común, con produccións informativas de diversa índole e con accións públicas e interaccións persoais e grupais. Por estas razóns resulta difícil discernir un “método” propio de coñecemento popular, agás nos casos en que os científicos sociais toman parte neses procesos “xunto” aos colectivos.

Full document

Published: 19 de octubre de 2001
Keywords: Participation, Methods